O fío oficial para practica-lo galego.

kaponcio

#330 Home, doutro xénero... os que puxeches tampouco é que cadren moito entre eles xD Ó que íbamos, asi que me veñan rápido á cabesa: Deseqilibrio Mental, Ataque escampe, Dios ke te crew, Das Kapital...

E que canten noutros idiomas Novedades Carminha, Puma Pumku, Agoraphobia, Mutant Squad, The Lákazans...

1 respuesta
Aerik4

#331 Vaia descubrimento Ataque Escampe...estilo único :D :D

1 respuesta
samper

#332 ten temazos, este

creo que está é a versión orixinal de Malandrómeda

1
Aerik4

Acábase Nao. Pra min o mellor grupo actual. A ver se hai sorte e me coincide un dos últimos concertos.

1 respuesta
Squall19

#334 Para min tamén. Pero, como qué se acaba?

1 respuesta
Aerik4

#335 Pois que se separan, que se retiran. Din que en 3 fases, a primeira creo que foi Venceremos nos...sacarán outras 2 canción e farán unha xira final. Mira o video.

EdwardElric

Engado tamén The Skarnivals, persoalmente mólame mazo

bZZ

Boas! Algún de vos traballa na Administración Publica? Eu traballo nunha empresa de outsourcing que leva varios proxectos da Xunta e é bastante triste e chocante que todas as comunicacions escritas sexan en castelan: correos electrónicos internos, documentación técnica, etc.
O mais irrisorio é cando recibes un correo en castelan dalgun departamento da Xunta, respondes en galego e siguen a conversación en castelan!
Por outra banda cada día é mais dificil escoitar en galego na rúa, nos pobos ainda algo, pero nas cidades cero patatero...
Está morrendo o idioma?

Desculpade a falta de tildes, no mobil costa un pouco...

2 respuestas
Aerik4

#338 Sí. As xuventudes falan bastante máis o castelán ca o galego. Así que poderiase decir que sí.

bZZ

E de quén é a culpa? Para min claramente da Xunta, importalle o galego moi pouco ou nada, senon haberia medidas para promover o uso da língua, e se as hai, eu non as vexo.

Madball

.

1
periii
2
hda

Agradécese este fío #1 :D

Scavenger19

Vaia puto amo, meu xD!! Non o vira.

Squall19

A ver... queirades que non, co tempo o galego ten moita influencia española. Non vexo mal que haxa cousas que se vaian recuperando. Só hai que ler a Castelao para notar a diferenza. E tampouco fai tantos anos de iso...
#338
Eu moito do que creo que pasa é que moita xente (mestres incluídos) seguen pensando que falar galego é de parvos, grazas á imaxe e o legado que nos deixou o franquismo...
de todas formas hai xente que di que non o fala por non ter saída... eu persoalmente vexo iso coma unha resposta para vagos... o galego non ocupa lugar. Cada un deberíase sentir orgulloso de falar a lingua da súa terra. Aínda que despois tamén se fale o castelán, o galego debería ir primeiro. E para todos aqueles que tachan o galego de innecesario, a eses digo eu "ignorantes". O propio galego tenme sacado de boas, e no estranxeiro. Principalmente cando fóra necesitei falar con algún portugués ou mesmo para falar ou pronunciar algunhas palabras do alemán. Como ben din, o saber non ocupa lugar.
Cada un de nós si nos sentimos galegos, debería falar galego. Querer á terra coma unha nai á que non se lle da as costas. Pero cada galego que non fala galego, está renegando dos seus orixes e cultura. Por moi galegos que se sintan, dan as costas á súa nai, á súa terra.

1 mes después
kaponcio

Non ten moito que ver co fío, pero é unha pequena victoria que quería compartir: a partires deste ano, o día da Dorna(24 de xullo) será festivo local en Ribeira. É unha loita que se levaba librando moitos anos, e topaba co muro da maioría absoluta das javotas que, non sen tempo, acabou este mesmo ano nas munisipais.

wiFlY

Eu penso que a xente falta o que desexa falar e con isto quero dicir que as persoas utilizan a lingua coa se sinten mais comodos. Penso que a liberdade de usar un ou outro idioma traducese na ultilizacion de ambos sen discriminacion. Eu sempre falo castelan salvo que a situacion requita o galego (cando o interlocutor desconoce a castelan) pero é indiferente se me contestan en galego ou en castelan pero moita xenta non pensa coma min e prefiren utilizar unha soa lingua nas comunicacions.

O que teño moi claro es que impoñer unha ou outra lingua por encima das outras é unha medida mais propia dunha dictadura. Cada un é libre de usar a lingua oficial que lle pete e iso hai que respetalo.

16 días después
Thrillian

E logo ti... Cantas vacas tes?

2 respuestas
Isilwen

#348 Dígocho se me dis cantas leiras tes ti xD.

1
7 meses después
seeyk

#348 E lojo, imos o Garigolo? ou ti nunca fuches?

2 años después
Skiuv

Boas rapaces! Non sei se este é o mellor fio pra isto, pero para os que vos gusten os xogos retro, deixovos a páxina de traducións oficial de Recalbox, a ver se algún se anima a botar unha man.

https://poeditor.com/join/project/hEp5Khj4Ck
https://poeditor.com/join/project/AmgA8jzdAy

PD: O unico galego mal falado é o que non se fala.
PD2: Pra que non morra o galego hai que usalo, non hai maís. E usalo por enriba de todo nos ámbitos que nos gustan. Abride canles de Youtube, facede música moderna en galego, se facedes xogos traducideos ó galego que non costa tanto, etc.

GlatoR

Ay capiriña

NigthWolf

ay percebeiros

SasSeR_18

Nin me lembraba deste fío

Exor720

quien fuma mais

Shaken

O meu fariña

eldomador

Vai tomar polo puto cu "cajuen dios"...

cando veo a xente escribir "não" preguntome se eso existe no galego actual? por que eu no colexio nunca o vin, pero visto o visto que temos mais simpatia polo portugues que polo castellano imaxino que si...

1 respuesta
10 días después
Skiuv

Xogazo galego en galego e sobre Galiza, ten unha pinta caralluda The Waylanders RPG. Xa teño ganiñas de pasear por Brigantia ou a Compostela mediaval...

2 respuestas
10 meses después
Squall19

#358 Ei, meu. Eu lévolle seguindo a pista un bo tempo, e a verdade é que pinta moi ben. Iso si, eu melloraría algo as animacións ao correr, vese moi robótico jeje
#357 Vexo que non vistes moito galego reintegracionista. Está completamente aceptado, outra cousa é que o fagas ti...

Saúdos, berberechos.

2 respuestas
SkOi

#359 #358 Eu aínda estou agardando polo que prometían có seu anterior xogo de kickstarter: o primeiro xogo en galego en steam.

1 respuesta

Usuarios habituales

  • Squall19
  • SkOi
  • SpiuK
  • kaponcio
  • samper
  • WeeOOaaM
  • xPenax