O fío oficial para practica-lo galego.

samper

#179 e #180 eu tamén a AGE. Sen dúbida Beiras é o millor preparado, e unha persoa que de verdade loitou polos dereitos de Galicia, ademáis que cona, fala 4 idiomas e ten 3 carreiras xD

1
TrOkO
1 respuesta
samper

Chavales, os sondeos falan de 39-42 parlamentarios para PP...a ver que pasa.

xPenax

#182 Albertiño falando en Galego, e un carallo. JAJAJ

No video dí os tempos son chegados e empezou a sonar Skacha na miña cabeza

samper

O das eleccións: http://www.mediavida.com/foro/6/elecciones-en-galicia-461843

kaponcio

Qué puto noxo a carretaxe de vellos para votar. Se volve a janar o pp xa vexo que as próximas elesións as van faser no resinto de Amio, que está millor adaptado para o jando.

1 respuesta
samper

#186 E buses diante do colexio electoral, en Esgos.

1 respuesta
kaponcio

#187 O do cristal de atrás é unha foto de frijolito non? Manda carallo...

1 respuesta
samper

#188 Pois si...pero é o PP pode facer o que queira...dar empanadas, poñer buses, levar vellos...

samper

Dakidarría - Terra. Para min un temazo en galego, descubrín ò grupo fai un tempo e a verdade e que teñen boas cancións e algún vídeo curioso.

1
8 días después
SkOi

Érache visto que o fío acabaría morrendo, que únicamente se usaría para un pouco de politiqueo e unha sesión remember de Xabarín.

Realmente é unha mágoa. É triste ver cada día algunha conta nova que resulta ser dun/ha galeg@ pero que por uns motivos ou por outros ninguén se interesa por intentar falalo :(

1 respuesta
xPenax

A cousa e que todos o entrar a MV pasemos a saudar, como cando voltas ao pobo, e xa sería un fío da ostia.

1 respuesta
W

Estiven lendo sobre o Samaín (festa do fin de verán) i é curioso coma o cristianismo apoderouse das celebracións paganas, coma éstas, de fin de colleita.

Orixe i evolución

http://gl.wikipedia.org/wiki/Sama%C3%ADn

Bo Samaín a todos!

JoNSuaN

#192 boas tardes :)

samper

Vinte anos de incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Galicia
http://www.sermosgaliza.com//artigo/lingua/vinte-anos-de-incumprimento-da-carta-europea-das-linguas-rexionais-ou-minoritarias-en-galiza/20121105133726007291.html

1 respuesta
M

#195 parabéns a todos os galegos, hoxe e día de celebración, por fin as políticas lingüísticas dan os seus resultados!

Dices

#191 o-falou galleigous!
mira m'eu metidou para que voçe veais como millorou o-meu gallegou :_DD

1 respuesta
kaponcio

Aquí non pasou nada, sirculen.

#199 Non me pispara de quen era xD

1 respuesta
xPenax

#197 Pero que carallo dis Dices? (Pero que pollas dices Dices?)

#198 é unha miña reina, ainda así o seu galego ten una mistura ben graciosa

1 respuesta
1 mes después
samper

Lendo unha entrada dun blog que publicaron no chuza e onde aparece esta foto tan curiosa

parece ser que non todo o mundo coñece a palabra mexo... :S Algún de vós non sabe o que é o mexo?

1 respuesta
kaponcio

#200 Será para os finolis que din pis ou asi. O de pavo/perú si que non o escoitei na vida. Sabía do termo, pero nunca cadrei con aljén que o usara.

#202 En español "oritos" xD

1 respuesta
samper

#201 Eu perú en referente a ave nunca o escoitei, sen o til no u si, peru. E cando é femia perua.

O do acento creo que se lle colou ao tipiño do blog...fíxate na foto da nota:

No leva o acento no u. Non?xD

Referente ao dos finolis que dirán pis...Ou "ouriños", acordeime agora, mira que fai tempo que non escoito esa palabra xD http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=ouri%C3%B1os Vou facer ouriños. Curioso xd

1 respuesta
Watari

Pero isto é para aprendermos o galego coloquial o para aprendermos a escribilo? Dígoo porque o primeiro que dixéronme foi que non teñen guión e non parades de poñelo. Onde se pode atopar a regra?
Graziñas.

1 respuesta
samper

#203 se usa o alomorfo –lo do artigo tras unha forma verbal ou pronominal rematada en –s ou en –r, únese tamén con guión (cfr. 14.1): tráiovo-lo libro mañá. http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego-O_gui%C3%B3n

Aquí tes a normativa completa do 2003 http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/19499da0-6a97-4d15-aa91-fa7a36f5f2bd

O guión: Páxina 32 da normativa (17 do PDF).
O guión cas formas verbais: Páxina 84 da normativa (43/123 do PDF) onde di


a) Despois de infinitivo, das formas verbais conxugadas que rematen en -r ou -s e dos pronomes enclíticos nos, vos e lles: vou colle-las laranxas, perdíche-los
cartos, collémo-lo saco, ti e-lo demo, xa sábe-lo que pasou, tomóuno-lo pelo, dóuvo-la boneca, quitóulle-las ganas de rir.

O de dicir que non se pon o guión foi unha manía de moitos mestres para evitar que os estudantes tiveran confusións, pero eu gosto de usa-la.

Watari

O que podo ver é que só acontece cos artigos, non con pronomes, o polo menos eso é o que se pode ver nos exemplos:

tráiovo-lo libro mañá
vou colle-las laranxas, perdíche-los cartos, collémo-lo saco, ti e-lo demo, xa sábe-lo que pasou, tomóuno-lo pelo, dóuvo-la boneca, quitóulle-las ganas de rir.

En todolos casos en que fala de pronomes sae sen guión, non sei si é casualidade ou a normativa é asi (páx. 90-92 fala de pronomes e veñen xuntiños, sen guión, e mismo nestas páxinas que me deras, nos exemplos con pronomes pasa igual).

Disculpen os meus erros, non son galega e invento algunhas palabras, outras soanme do portugués ou por influencias doutras línguas romances. Se non comprenden algunha cousa, facémelo saber.

#206 Gústanme as línguas e pude comprobar ter serios problemas coas declicacións (latín/alemán, co grego no tanto), y cos alfabetos diferentes ao noso (japonés, chino), así que a mellor opción fou decantarme polas línguas románicas, así que só queda español e catalán que me viñeron de serie, francés, italiano que os estudiei un pouquiño pola miña conta e portugués/galego, que o estou a facer agora.

1 respuesta
samper

#205 A normativa é asi. Só os artigos se poden separar co guión, eso na normativa RAG-ILG, se usas a normativa da AGAL os pronomes sepáranse igual que en Português.

Se colles palabras do portugués non pasa nada, como moito cambiarán 1-2 letras...compartimos máis do 90% do léxico, só cambia a normativa.

Como é que sabes galego se non eres galega? Vives en Galiza polo menos non? Ou afición as linguas romances? xD

1 respuesta
11 días después
samper

Que opinades ??

3 respuestas
B

Eu nao falo galego, mais portugues sim. Acho que estais a percivir, nao e?

2 respuestas
Resa

#208 Volve pa Vigo e cala a boca.

3 1 respuesta
B

#209 hahaha :( racista

Usuarios habituales

  • Squall19
  • SkOi
  • SpiuK
  • kaponcio
  • samper
  • WeeOOaaM
  • xPenax